Inicio > Historias > Contra o mareo

2004-01-31

Contra o mareo
Esto vai en galego, que ainda que non son parte membro oficial do blogomillo(*) este blo e rezuma galeguidade do mesmo xeito que rezuma humanidade, e eso ben o saben os habituais. Que para eso viu a luz coma unha un feixe de libriños.

Hoxe compartín cocido (outro día lles explico a dimensión real desta expresión) con bos amigos, moitos deles admirados dende hai más tempo do que eles pensan. Chegado o momento das intimidades festivas alguén contóu esta historia: disque nos anos da emigración dura moita xente chegaba aos portos sen ter visto o mar. Vilagarcía, por xemplo, que ainda que ten porto o séu non é que sexa a mar océana, malia que abondaba para impresionar a xente das aldeas. Daquela rulaba polo muelle un rapaz que vendía pos contra o mareo, empaquetados en tubiños e dispensados coa advertencia de que non se abriran ata que chegara o auténtico mareo, xa que doutro xeito os pos perderían o séu poder medicinal. A xente mercaba os tubiños e algún deles, pouco acostumados o meneo dos mercantes, á infinitude do mar e a falla de referencias topográficas, empalidecían (na medida en que podía clarear o pel torturado polos madrugóns para mugir as vacas) e acudían o máxico remedio. Esperanzados polo poder da mediciña occidental, abrían o bote máxico só para atopar dentro un ruliño de papel manuscrito que dicía:

Se te mareas, non embarques

posted by vendell 01:00

7 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/15147

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2004-01-31 02:10

Maldito autocorrector: onde pon mugir debería dicir muxir. Déixoo ahí para lembrar que xa e hora de instalar o diccionario galego no word.



2
De: Vendell Fecha: 2004-01-31 02:12

(*) Isto hai que llo preguntar a María, pero supoño que o do blogomillo ten a súa orixe na mítica expresión ¡outra vaca máis no millo!

¿Nonsí?



3
De: Martin Pawley Fecha: 2004-01-31 03:00

Eu, que son habitual, non duvidaba nin da galeguidade nin da humanidade. Por outra parte, e tendo en conta que faltan máis de cen blogs para que se cumpla o meu vaticinio, permítome consideralo xa como un máis do blogomilho, aínda que sexa en calidade de membro correspondente ou algo polo estilo.



4
De: Salva Fecha: 2004-01-31 03:11

Aunque sea sevilla y sepa más de astrofisica celestial intergalactica que de gallego, ¡he comprendido el post mas o menos!!!

Si es que soy muy polivalente...



5
De: Dorvisou Fecha: 2004-01-31 03:30

Eu, que estou enganchado a sua doutrina, lle faría un santuário para veneralo de noite e de día.O santuário sería deses que se fan nas adegas.
Agora estou arrepentido de entrar en guerra con el por culpa de meterse co meu gremio.
Retifique vostede, amigo Vendell, xa que é de sábios.



6
De: Vendell Fecha: 2004-01-31 09:05

Rectifico de calquera cousa que dixen, pero non por imitar os sabios, senón porque o pide vostede.



7
De: Dorvisou Fecha: 2004-02-01 04:44

Só era un xeito de lle chamar sábio a alguén que reflexiona en voz outa.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.234.0.2 (5530fdcf24)
Comentario
¿Cuánto es: mil + uno?

Past
<Enero 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia