Inicio > Historias > La vida es como un carnaval

2004-02-29

La vida es como un carnaval
O antroido é festa máis ben pagana. Unha festa festiva, non coma as outras que salpican o calendario en lembranza de mortos ilustres, mortos comúns e mortos en circunstancias dunha crueldade inverosímil para o que da o escaso maxín da especie humana. Hai cousas que só pasan nestas festas laicas. Por exempo, xa saben que en moitos lugares é habitual que os rapaces acudan disfrazados a clase o venres de antroido, malia que a natureza propia da identidade adolescente e a presión do mercado fagan que algúns xa fiquen cos trapos e a pantalla postos o resto do ano. Pois ben, cóntame Marylin que, seguindo a invitación do profesor de iren disfrazados coma quixesen, un rapaz da ESO local acudíu a clase con boina, pasamontañas troquelado dunha tea, e cazadora cun carteliño nas costas que poñía ETA; pasmo de mestres, troula dos rapaces e inminente discusión sobre os límites do bó gusto no concello escolar.

Agora que o penso, ¿non lles parece que o famoso comunicado dos etarras é unha comparsas máis neste antroido político que arrasará a chaira ibérica ata ben entrada a cuaresma?

posted by vendell 01:00

7 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/16245

Comentarios

1
De: Vendell Fecha: 2004-02-29 23:42

Vaia por diante que o título deste post e unha homenaxe ao inxustamente esquecido Lorenzo Santamaría.



2
De: Martin Pawley Fecha: 2004-02-29 23:44

Eu xa dixen que o comunicado de ETA era unha antroidada. E os artigos eses que escribiu Rajoy hai anos, outra.



3
De: Vendell Fecha: 2004-03-01 00:53

Xa me parecía a min que desta habiamos coincidir.



4
De: Descalza Fecha: 2004-03-01 12:41

O malo é que os felos, baten as vexigas pra asustar e facer ruído..e como esta sociedade guíase polo de bate, bate que algo queda a ver como remata a cousa.



5
De: el paseante Fecha: 2004-03-01 13:28

Estimado Sr. Vendell, la vida de hecho ES un carnaval. Una de las paradojas del carnaval es que la gente se disfraza para mostrar su verdadera cara, con lo cual podemos decir que es en carnaval cuando la vida se nos aparece tal cual es: absurda, delirante y carnavalesca.



6
De: dorvisou Fecha: 2004-03-01 22:03

Carnaval é todo o ano e nestes tempos moito máis. ZP e RJ axudan moito a elo



7
De: Anónimo Fecha: 2004-03-02 13:57



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 3.82.24.132 (25c63d0cf9)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?

Past
<Diciembre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia