Inicio > Historias > Esplendor en negro

2004-03-07

Esplendor en negro

Hai algo máis dun ano o faro de Lira parecía a imaxe especular desas ladeiras hawaianas onde a lava flúe cara o mar. Só que alí o que fluía era o vómito pardo froito do mareo dun barco. E ía cara arriba. Hoxe, algo máis dun ano despois, voltamos unha vez máis pra compartir unhas horas de minuciosa inspección na emocionante compaña duns titáns espidos de branco. O que entón era un elemental fouzar entre toneladas de cheirenta mugre viscosa, coma nadar na merda dun millón de vacas, convertíuse co tempo nunha tarefa de sofisticación neolítica, consistente en seleccionar un bolo, rañar nel cunha rasqueta e chimpalo onde o mar poida seguir co traballo. A costa xa saíu do coma. Pero o que se di esplendorosa aínda non está.

Nin nada que se lle pareza.

posted by vendell 01:00

4 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/16459

Comentarios

1
De: Martin Pawley Fecha: 2004-03-08 02:00

O penoso é que como todo vai ben esa imaxe non mudou moito nos últimos sete meses, realmente.

Espléndido texto, por certo.



2
De: Vendell Fecha: 2004-03-08 08:51

Non tanto Pawley, o texto só é pretendidamente esplendoroso.

Por certo, ligando co tema destes días: ¿alguen pode desmentir que as indemnizacións aos afectados estanse a pagar cheque en man, no canto de vía ingreso bancario?



3
De: Martin Pawley Fecha: 2004-03-08 22:39

E quen asina os cheques? M.R. ou M.F.?



4
De: Vendell Fecha: 2004-03-08 23:34

FdM seguro que non, que xa cesóu.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.221.75.68 (de8986e276)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?

Past
<Noviembre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    
             






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia