Inicio > Historias > Merda de lobo

2006-09-29

Merda de lobo


Durante unha divertidísima e esgotadora excursión ao Parque Natural do Invernadeiro, alá onde Ourense perde o nome, baixamos por unha cañada cuberta de bidueiros (abedules), capudres (serbales), ameneiros (alisos), carballos centenarios e os acebos máis grandes que vira na miña vida. Xunto a eles, chantados no medio do camiño coma os brazos dun cruceiro horizontal, dous chorongos de lobo deixan constancia de quén manda na fraga.

Malia que algún xa confundíu ao lobo cun estiloso can de palleiro, as deposicións dun e outro non teñen nin punto de comparación. Destas nada lles podo dicir que non saiban, pero aquelas son inconfundibles, similares a unha ramiña peluda ou a un rato pasado polo potro de alongar. O caso e que o estómago do lupis non é quen de dixerir o pelo de xabaríns, corzos ou cervos, polo que un pode adiviñar a cea de onte sen máis que analizar a cuberta pilosa dos sacramentos que vai deixando.

Ah, e se alguén está interesado no tema, os lobos non levantan a pata para mexar.

posted by vendell 00:32

11 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/43320

Comentarios

1
De: unanada Fecha: 2006-09-29 13:37

xa podo deitarme. aprender, aprendín.



2
De: lynx Fecha: 2006-09-29 13:43

Lo vio usted, con sus ojos?
(me refiero a la no-levantada-de-pata)



3
De: Vendell Fecha: 2006-09-29 14:02

Pues no, lynx, pero fue lo primero que le pregunté al experto que nos acompañaba.



4
De: descalza Fecha: 2006-09-29 16:38

Son uns animais fantásticos, por eso é o meu favorito.



5
De: Nuala Fecha: 2006-09-29 20:12

¡¿chorongo?!
Primera vez que oigo esa palabra. Nunca te acostarás...



6
De: lynx Fecha: 2006-09-29 20:47

¡¡¡Nuala!!! You are Alive!



7
De: Sansara Fecha: 2006-10-01 16:06

Aínda lembro a vez que escoite por primeria (a ate hoxe, derradeira) vez o aullido do lobo. Foi na serra do Courel fai anhos, e pareceume preto dunha beleza entre máxica e imposible...

É moi bonito saber que aínda quedan lobos na terriña. :)



8
De: Nuala Fecha: 2006-10-02 02:06

Indeedy, Mr Lynx. TOO alive, that's the problem. :D

(Cuando estoy ocupada viviendo, me queda menos tiempo para comentar blogs. Pero por aquí sigo leyéndoles. :) )



9
De: Blanca Fecha: 2006-10-02 10:25

¡Lynx a hablado por mí, Nuala! ¡Qué alegría verla de nuevo!



10
De: Nuala Fecha: 2006-10-02 11:23

¡Gracias, Blanca! Yo les echo de menos si no les leo una temporada. Yo les considero un hábito saludable. :)



11
De: Blanca Fecha: 2006-10-02 11:25

Gracias, Nuala, de todo corazón, por no mencionar mi falta de ortografía. :)



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.145.83.79 (b1f6a002a6)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?

Past
<Octubre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
28 29 30 31      






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia