Inicio > Historias > Sr Mejuto

2007-04-12

Sr Mejuto

Diabético dende neno, o Sr. Mejuto padece unha infección na perna dereita que o leva unha vez máis ao hospital, onde o médico lle di que desta vez non hai máis remedio que amputar. A cousa é urxente, pero ten unhas horas para pensalo. En canto sae o galeno, o Sr Mejuto manda á súa filla Raquel a por unha bolsa de plástico negra. Despois chama polo médico e lle informa de que acepta a operación, pero sempre que lle deixen levar a extremidade. Quere enterrala, ou gardala, no nicho familiar. O médico di que sí, e que xa buscará él unha bolsa máis apropiada. Confesa que mesmo onte unha paciente levou nun frasco a vesícula biliar, mira o reloxo e anuncia que marcha. Cando está a piques de pechar a porta mete de novo a cabeza e cun sorriso agarimoso lle pregunta ao Sr. Mejuto se quere que lle mande ao capellán&... pola perna, claro, que a él non lle vai pasar nada.


posted by vendell 23:06

4 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/48641

Comentarios

1
De: Blanca Fecha: 2007-04-13 11:04

Este médico me cae genial. :)



2
De: peke Fecha: 2007-04-13 12:08

Moi tenro.



3
De: maray Fecha: 2007-04-13 16:58

yo que el aceptaría. Así, cuando el resto del cuerpo se muera, va a salir mas barato el capelan..Un tipo de muerte a pedacitos!



4
De: Vendell Fecha: 2007-04-13 21:07

A parte do nicho é bastante verídica.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.162.159.33 (0832762269)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?

Past
<Septiembre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
             






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia