Inicio > Historias > ¿Queé din os rumorosos?

2007-08-25

¿Queé din os rumorosos?

O de viaxar a lugares fermosos onde a xente é amable e coida do seu (falo de Dinamarca) sempre ten o problema da volta ó país bipolar, onde calquera progreso (como lle chaman aquí a sacar beneficio de algo) pasa por estragar a fermosura das cousas, falar moito e facer pouco. Por exemplo, agora discuten sobre a pertinencia de aprenderlle o himno galego ós rapaces nas galescolas, e non só polo que tal acto tería de adoutrinamento nacionalista (certo que unha cousa e cantar, e outra votar, pero para min que a infancia debería quedar á salvo de adoutrinamentos políticos, identitarios ou relixiosos) senón tamén, e particularmente, por eses agresivos versículos que din que

sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.


E logo, ¿quén se supón que é o incomprendido obxecto indirecto que padece a inquina dos fillos de puta arriba citados? ¿Os nacionalistas? ¿Os galegofalantes? ¿Os galegos en xeral? !Non! ¡Son os pinos! ¡Os rumorosos do poema! ¡Os pinaster, silvestris, nigra e radiata cuxo queixume de vellos á saída do tanatorio - memento mori - fálanos do medo ó lume e os fornos crematorios de ENCE, da desaparición dos vellos colegas caducifolios das fragas e da invasión de eucaliptos e cemento con que estamos a destruir sistemáticamente unha paisaxe que é patrimonio de todos. Porque en Galicia, o que é iñorantes, féridos, duros e imbéciles, temos a embute. ¿Ou non?


posted by vendell 13:14

33 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/51730

Comentarios

1
De: cossimo Fecha: 2007-08-25 18:30

1. Creo que eses da Xunta son uns nacionalistas un chisco desleixados. O último verso que vostede reproduce sería "non NOS entenden, non". En todo caso, os que falan son os rumorosos e os imbéciles serán os que non perciben o rumor, supoño eu.
2. Alégrome de que lle gustara Dinamarca. O himno dende logo, ten algunhas pasaxes bastante máis agresivas cós calificativos que emprega Pondal (heroes que matan inimigos e esas cousas). 3. Como é evidente, eu case non saín do terruño pero sinceramente, non creo que haxa países onde a xente é amable e outros onde a xente é maleducada. Ese é un tópico un tanto esencialista, non?
4. Non dubido que Dinamarca (seja ela quem for) coide do seu (unha actitude que segundo por quen sexa mantida, é considerada exemplar ou insolidaria). Os suecos tamén son moi respestuosos. Con Suecia, claro. Porque estará conmigo que Boliden con Doñana moi ben non se portou. E teño a intuición que os empregados do Ikea do Porto non teñen as mesmas condicións laborais cós de Estocolmo. E moito do cemento da costa é para desfrute dos... daneses, por exemplo.
6. Os nenos nunca quedan a salvo de adoutrinamentos ideolóxicos, identitarios e relixiosos. E menos aínda se van á escola.
7. Parece ser que unha praga de gorgoxos está matando os eucaliptos das Rías Baixas polo que probablemente, terán que ser talados en masa e substituidos por piñeiros (como os de Pondal). Así que non debería perder a esperanza. Cun pouco de sorte o bichiño dáse unha volta por todo o país :)



2
De: Lynx oscuro Fecha: 2007-08-26 12:20

Lástima que los fieros imbéciles sean tan ignorantes y duros de mollera para no entenderle, porque hay días que habla usted bastante clarito ;-)



3
De: Lynx férido Fecha: 2007-08-26 12:24

La verdad es que la estrofilla de marras da un poco de vergüenza ajena, en plan mis padres no me comprenden!



4
De: cossimo imbécil, ignorante e duro de mollera Fecha: 2007-08-26 17:01

En fin!



5
De: Vendell Fecha: 2007-08-26 22:00

Eu non son moi de himnos, pero recoñezo que uns son mellores ca outros. Do galego, por exemplo, gosto do punto lírico e ó mesmo tempo un chisco absurdo, así coma da total ausencia de violencia nos seus versos. Xa postos, o danés tampouco está mal, e aínda que máis simplón, recolle algúns dos valores compartidos pola maioría dos habitantes daquel país. Velaiquí unha traducción ó inglés:

I know a lovely land
With spreading, shady beeches
Near Baltic's salty strand;
Near Baltic's salty strand;
Its hills and valleys gently fall,
Its ancient name is Denmark,
And it is Freya's hall
And it is Freya's hall

There in the ancient days
The armoured vikings rested
Between their bloody frays
Between their bloody frays
Then they went forth the foe to face,
Now found in stone-set barrows,
Their final resting place
Their final resting place

This land is still as fair,
The sea is blue around it,
And peace is cherished there.
And peace is cherished there.
Strong men and noble women still
Uphold their country's honour
With faithfulness and skill
With faithfulness and skill

Praise King and Country with might
Bless every Dane at heart
For serving with no fright
For serving with no fright
The Viking kingdom for Danes is true
With fields and waving beeches
By a sea so blue
By a sea so blue



6
De: Vendell Fecha: 2007-08-26 22:16

Cossimo, o dos tópicos esencialistas e asunto difícil, sobre todo con categorías tan xenéricas coma esa educación da que falabamos. Aínda así, eu púxenme verde de envexa ante o respeto que os daneses amosan polo seu patrimonio, especialmente o común, pero tamén o privado.

Respecto das consecuencias da globalización, podo asumir a miña responsabilidade sobre as condicións laborais dos proveedores de Inditex na India en tanto que consumidor, pero ¿como galego?

Finalmente, que os nenos non podan estar a salvo da estupidez dos adultos tampouco nos obriga a aplaudir unha iniciativa que, sendo esencialmente inofensiva, non deixa de ser o que é.



7
De: Matematic Fecha: 2007-08-27 10:18

Quintana/Galicia=Franco/España



8
De: Vendell Fecha: 2007-08-27 11:00

¡Vaites, vaites! Un provocador



9
De: Matematic2 Fecha: 2007-08-27 17:11

En 1940-50 los niños de las escuelas de España estaban obligados a cantar el Cara al Sol, Prietas las filas y otras cosas por el estilo. ¿Eran letras más insultantes o agresivas? Veamos la primera:

Cara al sol con la camisa nueva
que tú bordaste en rojo ayer,
me hallará la muerte si me lleva
y no te vuelvo a ver.
Formaré junto a mis compañeros
que hacen guardia sobre los luceros,
impasible el ademán,
y están presentes en nuestro afán.
Si te dicen que caí,
me fui al puesto que tengo allí.
Volverán banderas victoriosas
al paso alegre de la paz
y traerán prendidas cinco rosas:
las flechas de mi haz.
Volverá a reír la primavera,
que por cielo, tierra y mar se espera.
Arriba escuadras a vencer
que en España empieza a amanecer



10
De: Matematic3 Fecha: 2007-08-27 17:15

O la segunda, aún más patriótica:

Prietas las filas,
recias, marciales,
nuestra escuadras van
cara al mañana
que nos promete
Patria, Justicia y Pan.
Mis camaradas fueron a luchar,
el gesto alegre y firme el ademán;
la vida a España dieron al morir,
hoy Grande y Libre nace para mí.
Ya las banderas
cantan victoria
al paso de la paz;
y han florecido,
rojas y frescas,
las rosas en mi haz.



11
De: Matematic4 Fecha: 2007-08-27 17:19

Imagine ¿Por qué no dejamos de cantar chorradas?

Imagine there's no Heaven
It's easy if you try
No hell below us
Above us only sky
Imagine all the people
Living for today

Imagine there's no countries
It isn't hard to do
Nothing to kill or die for
And no religion too
Imagine all the people
Living life in peace

You may say that I'm a dreamer
But I'm not the only one
I hope someday you'll join us
And the world will be as one

Imagine no possessions
I wonder if you can
No need for greed or hunger
A brotherhood of man
Imagine all the people
Sharing all the world

You may say that I'm a dreamer
But I'm not the only one
I hope someday you'll join us
And the world will live as one




12
De: cossimo Fecha: 2007-08-27 18:34

Non sei, persoalmente non me convence ese exceso danés de volkgeist estético-paisaxístico.
Penso que no que se refire ao respecto polo patrimonio privado os nórdicos teñen moito que aprender dos galegos. E máis aínda das élites latinoamericanas.
Se os suecos reciben unha educación tan exquisitamente ecocentrada, por qué os executivos de Boliden (que son suecos) permitiron que ocurrira o que ocorreu en Doñana? E se reciben unha educación tan exquisitamente socialdemócrata, por qué os directivos das súas empresas permiten a explotación laboral alén fronteiras? Non será que o que reciben sexa unha educación fundamentalmente nacional-capitalista de rostro amable?
Ensinar o himno nas escolas é unha chorrada nacionalista. Como aprenderlle aos nenos os versos de Espronceda ou obrigar aos adolescentes a comentar textos de pseudofilósofos patrios polo simple feito de que son dos nosos. En todo caso, menos nocivo ca envelenar aos picariños co Imagine.



13
De: Matematic5 Fecha: 2007-08-27 20:29

Cossimo, podería vostede explicar por qué pensa que o Imagine envelena?
( Eu tampouco son o único que soña)



14
De: Matematic6 Fecha: 2007-08-27 20:37

Por certo, esquencín de traer unha cita de Espronceda, porque nunca se sabe o que pode pasar tomorrow cos nacionalismos e outras creencias:
"¿Quién pensara jamás llegase un día en que, perdido el celestial encanto y caída la venda de los ojos, cuanto diera placer, causara enojo?"



15
De: Matematic7 Fecha: 2007-08-27 20:48

Por certo, que non estará de mais lembrarse da cita doutro tolo (Albert Einstein):
"Nationalism is an infantile sickness. It is the measles of the human race."



16
De: Matematic8 Fecha: 2007-08-27 20:56

Cossimo, a mín gostábame máis a letra de Brañas ¿non si?:

Casta dos celtas ¡esperta axiña!
¡ergue do fango da escravitú!
pátrea da ialma, teus ceibes cantos
enchen o mundo de norte a sur.

Dos meus pasados bendita terra,
Nai amorosa da miña nai
creva as cadeas que te asoballan
e cingue a croa da libertá.

Cantai galegos, o himno xigante
dos pobos libres, dos pobos grandes;
cantai, galegos, a idea santea
da independeza da nosa Pátrea.

Os de de Castela son castelaos
os de Galiza galegos son,
pero non somos, como españoles,
Nin eles amos, nin servos nós.

Das costas bravas de Finisterre
astra as douradas beiras do Sil,
ruxen os berros de guerra a morte
contra os tiranos do meu país.

Ártabros forte, feros brigantes,
sombras quiridas doutras edades,
prestade alentos ós que batallan
por esta meiga pequena Pátrea.



17
De: cossimo Fecha: 2007-08-27 21:18

Porque despois de cantar o temiña en cuestión os nenos van querer imaxinar tamén un mundo sen matemáticas?
Por certo, cre que o verso de Espronceda e a cita de Einstein poden facerse extensibles ao capitalismo liberal o es hilar demasiado fino?



18
De: Akin Fecha: 2007-08-27 21:27

Pois sí, un troll.

É obvio que Quim está tramando un levantamento popular e a aniquilación en masa de opoñentes políticos.

Máis ou menos coma franco...



19
De: cossimo Fecha: 2007-08-27 21:32

Brañas non me convence de todo. A min gústame máis
Un pueblo es,un pueblo es, un pueblo eeees
abrir la ventana en la mañana y respirar,
la sonrisa del aire en cada esquina
y trabajar y trabajaaar,
uniendo vida, vida
el ladrillo en la esperanzaaaaa,
mirando al frente y sin volver la espalda.

Iso si. Cambiaría "el ladrillo en la esperanza" por "la esperanza en el ladrillo."



20
De: Matematic9 Fecha: 2007-08-27 22:44

Eso se llama salir por la tangente. Boa viaxe.



21
De: Vendell Fecha: 2007-08-27 22:55

Sacar a relucir os paradoxos dunha empresa mineira sueca cando falamos de daneses constitúe un curioso exercicio de sinestesia xeográfica, acaso irrelevante, pero curioso.

O que sí pode ser relevante é que o que fai unha empresa dun país cunha democracia consolidada noutro país cunha democracia consolidada é, fundamentalmente, o que lle permite a lei. Así que ó mellor o problema é que en España temos unhas leises que son unha merda comparadas coas que teñen outros.

Xa sei que as cousas cambian cando falamos do neocolonialismo que exercen algunhas multinacionais polo mundo adiante, pero temo que non sexa este o caso. España ocupa o 9º lugar por PIB, mentres que Suecia está no 19 e Dinamarca no 26.



22
De: Vendell Fecha: 2007-08-27 22:56

Matematic, respecto deso que disque dixo Einstein, ben curiosa esa enfermidade infantil que logo só padecen os adultos (biolóxicos).



23
De: cossimo Fecha: 2007-08-27 23:49

Non entendo moi ben o razonamento do PIB. Por esa regra de tres nin a India nin Turquía non poderían ser víctimas do neocolonialismo sueco. E nos comentarios anteriores citei Suecia como paradigma do modelo socio-económico nórdico. Sinceramente, non creo que as prácticas empresariais de Maersk (unha empresa danesa) no mundo "subdesenvolvido" sexan mellores do que as de Boliden.
E se quere falamos do por qué do éxito do Dansk Folkeparti.



24
De: Vendell Fecha: 2007-08-28 02:17

Definitivamente o do PIB é unha chapuza. Seguro que as unidades de producción autónomas nativas que emprega Zara en NY teñen menos dereitos laborais que as de Porriño.

O 13% de votos obtidos polo



25
De: Matematic10 Fecha: 2007-08-28 09:06

Vendell, esa cita súa merece pasar à Wikiquote:
"En toda sociedade cabe un número similar de racistas políticamente organizados"



26
De: Lynx Fecha: 2007-08-28 11:28

Joder, sale uno a pasear al perro y la que se monta!



27
De: cossimo Fecha: 2007-08-28 16:24

"Pero alí, e de eso iba este post, o conxunto resulta moito máis beneficioso para todos."
Non sei en Dinamarca pero por exemplo, en Islandia, un país cun índice de desenvolvemento humano aínda mellor, o conxunto non resulta beneficioso para todos. E en Holanda tampouco.
http://jn.sapo.pt/2007/05/27/sociedade_e_vida/explorados_tuneis_islandia.html
http://dn.sapo.pt/2005/12/16/sociedade/portugueses_explorados_holanda.html
Eu calificarios de países-urbanización: un remanso de benestar que resulta incomprensible sen a tensión dialéctica que mantén co "hostil" entorno que o rodea. Eu nunca estiven na Moraleja pero teño a impresión de que alí se vive razonablemente ben.
E por certo, eu tamén teño unha cita. Creo que foi Óscar Wilde, (ou Sartre, agora non lembro moi ben)o que dixo: "Non hai peor nacionalista có que se nega a recoñecerse como tal".



28
De: Rata propone Divertimento en C menor Fecha: 2007-08-28 17:44

Me intriga la cita de Cosimo. Oscar Wilde y Sartre no compartirían esa idea. Si usted busca "no hay peor nacionalista" en un buscador se encontrará muchas opciones. Curiosamente quien termina la frase con "que el que dice no serlo" es el lehendakari en su blog. El resto de las citas son análogas en su idea e intención: el no-nato, el español, el que no lo sabe, el centralista, el emigrante, el que no se da cuenta, el converso, el foráneo, ... a ver si el nacionalismo es el opio del pueblo?



29
De: cossimo Fecha: 2007-08-28 18:23

Non sei, se cadra foi Arcadi Espada. Alguén importante, en todo caso.



30
De: Lynx Fecha: 2007-08-28 19:38

El himno de Japón, como un haiku, breve y sin sangre:

"Reina por generaciones,

a mil generaciones, ocho mil más,

hasta que las pequeñas piedras

se vuelvan grandes rocas,

hasta que las cubra el musgo"



31
De: Vendell Fecha: 2007-08-28 22:03

Pois eu, coma non son nacionalista, resulto un pésimo nacionalista (qed). Non busquen nos existencialistas ou nos cómicos, o autor da cita é un lóxico. ¿Russell?



32
De: Vendell Fecha: 2007-08-28 22:06

Da Wikipedia, por si alguén está interesado:

Denmark's market economy features very efficient agriculture, up-to-date small-scale and corporate industry, extensive government welfare measures, very high living standards, a stable currency, and high dependence on foreign trade. Denmark is a net exporter of food and energy and has a comfortable balance of payments surplus and zero net foreign debt. Also of importance is the sea territory of more than 105,000 km² (40,000+ sq mi).

The Danish economy is highly unionised; 75% of its labour force are members of a trade union.[21] Most trade unions take part in the organized system of trade unions, the organization at the highest level being the so-called LO, the Danish Confederation of Trade Unions. However, increasing numbers in the labour force choose not to become members of a trade union or to become members of one of the trade unions outside the organized system (often referred to as the yellow, in Danish gule, trade unions).

Relationships between unions and employers are generally cooperative: unions often have a day-to-day role in managing the workplace, and their representatives sit on most companies' board of directors. Rules on work schedules and pay are negotiated between unions and employers, with minimal government involvement. The unemployment rate for June 2007 was 3.5%, for a total of 97,400 persons. The number of unemployed is forecast to be 65,000 in 2015. The number of people in the working age group, less disability pensioners etc., will grow by 10,000 to 2,860,000, and jobs by 70,000 to 2,790,000.[22] Parttime jobs included.[23] Because of the present high demand and short supply of skilled labour, especially for factory, transport, building and construction jobs, in addition to hospital nurses and physicians, the annual average working hours have risen, especially compared with the economic downturn 1987 – 1993.[24]
Danish notes and coins
Danish notes and coins

Denmark's national currency, the krone (plural: kroner), is de facto linked to the Euro through ERMII.[25] The exchange rate is very steady at approx. 7.45 kroner per euro. Currently the krone converts to American dollars at a rate of about USD 0.18 per krone (about 5.4 kroner per dollar). (Exchange rates updated August 2007)

The government has met the economic convergence criteria for participating in the third phase (the common European currency - the Euro) of the Economic and Monetary Union of the European Union (EMU), but Denmark, in a September 2000 referendum, rejected The Monetary Union.

In the area of sickness and unemployment, the right to benefit is always dependent on former employment and at times also on membership of an unemployment fund, which is almost always -but need not be- administered by a trade union, and the previous payment of contributions. However, the largest share of the financing is still carried by the central government and is financed from general taxation, and only to a minor degree from earmarked contributions.

The Danish welfare model is accompanied by a taxation system that is both broad based (25% VAT and excise) and with high income tax rates (minimum tax rate for adults is 39.6%).



33
De: cossimo Fecha: 2007-08-29 17:07

"É comprensible que dende sempre a Igrexa teña combatido a ciencia e teña perseguido os seus adeptos".

"Vostede chama a isto (sionismo) nacionalismo, e non sen certa razón. Pero un traballo de todos para formar unha comunidade fóra da cal non podemos vivir nin morrer neste mundo hostil non pode denominarse sempre con esa palabra horrible. En todo caso será un nacionalismo que non busca o poder, só a dignidade e a saúde moral. Se non estiveramos obrigados a vivir entre homes intolerantes, mesquiños e violentos, sería eu o primeiro en rexeitar todo nacionalismo con miras a unha comunidade humana internacional".
Albert Einstein dixit tamén.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.227.21.188 (abc6961119)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?

Past
<Noviembre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    
             






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia