Inicio > Historias > Desbrozar

2007-11-04

Desbrozar



Paso a tarde desbrozando no monte, unha experiencia desoladora e intensa por máis que baixo as silvas medren os anises e as mentas que trituradas polo fío metálico enchen o aire de aroma a castañas con mojito. Entre o meneo e os aromas parezo unha festa ambulante, pero o ruido e a destrucción fanme sentir coma un anxo da morte mecanizado, sobre todo cando agochada baixo unha lousa atopo unha camada de ratos a medio comer polos gusanos. Impresionado pola escea, fago como que son cousas da natureza, que é cega, pero como hai un par de semanas asasinei unha toupa a laiazos, e malia que nin os ratos nin eu somos de moita relixión, impóñome unha penitencia a base de galleto, amontonando o restrollo en muricos rituais. E se a Xunta da o seu permiso, algún día prenderemos unha pira funeraria.


posted by vendell 20:53

3 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/53217

Comentarios

1
De: peke Fecha: 2007-11-05 12:02

É moi difícil manexar ese trebello? Pesa moito?



2
De: descalza Fecha: 2007-11-05 12:16

O que temos nós é bastante manexable o único malo é que vai á corrente e non é de gasóleo, pero molan.
Vendell: Nós pomos os chourizos e máis o viño XDDD



3
De: Vendell Fecha: 2007-11-05 16:15

Non pesa moito, e ademáis utilízase colgado dun arnés que carga o peso sobre os ombreiros. Unha vez afeito resulta bastante natural e entretido.

Descalza, o eléctrico parece máis ecolóxico, pero non ten potencia abondo para se enfrontar aos toxos maduros. A próxima vez chámoos e facemos festa amish. Eu poño os callos e o café.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.221.75.115 (d016a1f85d)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?

Past
<Noviembre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
      1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30    
             






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia