Inicio > Historias > Dentro do meu coração

2008-04-14

Dentro do meu coração


Tarde de domingo. Mentres o universo parece xirar no carrusel deportivo achegámonos a Santiago a ver ao Tom Zé. Gracias a Pawley as entradas son de segunda fila non figurada, no medio, xusto diante do artista. Ata ahí vai chegar o cuspe, di Marilyn sorrindo. E Tom Zé, efectivamente, cuspe no espectáculo, mais cuspe para arriba como recurso escénico mentres desangra un tema tristísimo coa intensidade da paixón simulada dos grandes interpretes de arias. Ahí está, subindo as perneiras dos pantalóns, arañando as canelas e cuspindo para arriba. Cando o vexo facer iso, igual que cando salta e corretea polo escenario ou improvisa ácedo sobre o ser galiciano, ou deconstrúe minuciosamente unha melodía perfecta cheo de humor e carraxe lúdica, entón penso en canto mais vello podo ser ca ese homiño de setenta anos, que é ao final o que dirían no periódico. Un vello hiperactivo que lembra a Zappa, e que nos anos 80 estivo a piques de desaparecer para sempre no limbo das músicas esquecidas. Entón dixo que o futuro da música brasileira esta no aeroporto, pero voltou. Eu atopeino naquela viaxe de volta, na voz dun coñecido que cantaba unha estrofa de Augusta, Angelica e Consolaçao.

Antes de saber que o Largo dos Aflitos e a Estação da Luz eran lugares reais.

Quando eu vi
que o Largo dos Aflitos
não era bastante largo
ora caber minha aflição,
eu fui morar na Estação da Luz,
porque estava tudo escuro
dentro do meu coração.



posted by vendell 21:54

0 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/56832

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.162.159.33 (0832762269)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?

Past
<Septiembre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
             






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia