2008-05-13
Greenporno
Seguro que o Pawley é dos que pensa que non paga a pena buscar valores cinematográficos no porno contemporaneo, cada vez máis perdido nun paradóxico torbellino de minimalismo narrativo e hipertrofia expresiva. Recoñezamos, alo menos, que esta tendencia pode responder á evidencia de que salvo excepcións a maioría dos ferretes non deixan moito espazo a sofisticadas variantes da trama tradicional: comezo e desenlace.
Tamén é certo que todo depende do que entendamos por porno contemporaneo. Por exemplo, velahí teñen a Isabella Rosellini, titular xa dun background fílmico que parte da crítica considera gravemente pornográfico, e que ven de presentar no festival de Sundance Greenporno, unha colección de curtas sobre as vidas sexuais dos insectos que xa se pode ver no mundo enteiro. O trailer lémbranos ao divertidísimo Consultorio sexual para todas as especies de Olivia Judson, malia que hai algo na posta en escea que acaba por remitirnos a Agatha Ruiz de la Prada.
¶
posted by vendell 00:55
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/57358
Comentarios
| 1 |
|
||
|
Home, que casualidade! Acabo de citar esas pezas nun artigo sobre o Indielisboa que acabo de rematar. Vin algunhas en Lisboa e certamente son moi moi divertidas. Duran un minuto cada unha, máis ou menos, e realmente están pensadas para as pantallas dos dispositivos móbiles, e por iso é que procuraron unha estética rechamante na que predominan as cores intensas. Isabella encarna aos bechos, e tamén escribe e dirixe.
|
|||
| 2 |
|
||
|
Por certo, poden verse todas na web do Sundance Channel. |
|||
| 3 |
|
||
|
Non se pode, non. Disque en xuño. |
|||
| 4 |
|
||
|
Ah, pois a miña casa, o meu PC ou quizá o meu navegador debe ter nacionalidade estadounidense, entón. |
|||
| 5 |
|
||
|
Vaites. Os de Sundance leron o post e suprimiron esa absurda limitación nacional. Corrixo e gracias. |
|||
