Inicio > Historias > Orgullo nacional

2008-05-14

Orgullo nacional

Contaba El Pais que Ferrín calificou a homenaxe a Curros na súa vila natal de "gesto admonitorio y republicano para la construcción nacional de Galicia" (o entecomiñado é do periódico). Nesa mesma liña fronteiriza parece incidir a exposición Curros Enríquez. Nación, liberdade e progreso que estes días podemos ver nas rúas da Coruña. Non sei vostés, pero nestas celebracións eu boto de menos algo máis de orgullo anticlerical, e boto de máis certo exceso de nación.

¿Ou debería dicir estado con alma?



posted by vendell 00:06

16 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/57371

Comentarios

1
De: cossimo Fecha: 2008-05-14 17:46

Pero é que vostede non foi ao instituto ou qué?



2
De: Vendell Fecha: 2008-05-14 20:45

¿E logo?



3
De: cossimo Fecha: 2008-05-14 23:17

A ver: por qué tivo que estudar os Reis Católicos, a Armada Invencible, o Imperio onde non se poñía o sol, Ortega y Gasset, Rosalía ou Castelao?
A min ensináronme que a literatura da xeración do 98 reflicte o estado de abatemento de toda unha nación perante o desastre da perda das últimas colonias.
Quero dicir que este tipo de celebracións literarias sempre conlevan un elemento moi importante de exaltación nacionalista. Véxase o premio Nobel, por exemplo.
Por outra parte, e sen ánimo de polemizar (que é algo que como terá comprobado, detesto profundamente) creo que para os habitantes da Coruña non será nada novo: levan decenios padecendo ese obsceno sincretismo entre o españolismo de sete vogais e o ultralocalismo rasca. Un pouco máis...



4
De: Vendell Fecha: 2008-05-15 00:28

Efectivamente. A miña alma xuvenil tamén ferveu de patriotismo estudando os ríos de Siberia, o teorema do Tales (de Mileto) e o teatro do absurdo. No caso dos do 98 e Castelao o asunto aboiaba dun xeito algo obvio, pero daquela eles mesmos abordaran explícitamente a cuestión nacional. Dos Nobel non lle podo dicir moito. Dos que teño leído, nin Canetti, nin Oe nin Coetzee semellan promover o amor por nación algunha.

Por outra banda, os da Coruña levan tanto tempo padecendo ese sincretismo coma calquera outro que lle veña a ben adxudicarlles (liberais de sete mares ou republicanos con mantilla, sen ir máis lonxe). Pero eu, amigo, sonlle de Vigo.



5
De: cossimo Fecha: 2008-05-15 00:40

Eu non dixen que Oe promovese o amor por nación algunha. Dixen que, probablemente, moitas das homenaxes a Oe fosen en algunha medida unha exaltación patriótica. Como as homenaxes a Curros ou a Unamuno. De feito, Coetzee foi duramente criticado en Sudáfrica por ter adoptado a nacionaliade australiana
E se pretende negar a componente nacionalista de calquera sistema educativo... pois alá vostede.
A min dáme igual de onde sexa vostede. Pero é que eu detesto A Coruña. E Vigo tamén. Menos mal que eu sonlle do Porto.



6
De: Anónima Fecha: 2008-05-15 02:22

¡Anda! En el post ese del estado con alma fue cuando me gané el mote de Ana Monina. Cómo pasa el tiempo...

Pensamiento soñoliento en off: me pregunto que querrá decir polemizar en gallego. Según la RAE es sostener o entablar una polémica o controversia que es "Discusión de opiniones contrapuestas entre dos o más personas."

No me puedo creer que cossimo diga que no le gusta polemizar... ¿o será una ironía?... (Toca dormir ZZZzzz... perdón ZZZzz....)



7
De: Vendell Fecha: 2008-05-15 07:43

Xa, pero non é o e mesmo dicir que estamos orgullosos porque Oe é un dos nosos ou que Coetzee puxo á literatura surafricana no mapamundi que dicir que Curros é un pilar da construcción dunha nación. Aínda que nación inconsciente, que diría Bermejo.



8
De: Vendell Fecha: 2008-05-15 07:44

Anónima, será otra cosa lo que le da sueño, porque antes aguantaba comentando hasta las 4 ;-)



9
De: cossimo Fecha: 2008-05-15 17:40

Ten razón. É moito peor dicir que estamos orgullosos porque Curros é un dos nosos ca dicir que Curros foi un pilar na construcción dunha suposta identidade nacional. O segundo é un xuizo de intencións ideolóxico (ao igual ca celebrar o seu orgullo anticlerical). O primeiro é unha manifestación de papanatismo gregario, primitivo e irracional; como cando nos obrigan a alegrarnos polas victorias de Fernando Alonso ou da selección de waterpolo ou polo Oscar de Bardem.
E a literatura surafricana non ten a culpa de que o mundo non soubese nada dela antes de Coetzee. En todo caso, será un problema do mundo.



10
De: cossimo Fecha: 2008-05-15 17:45

E por certo. Estou seguro de que vostede non é de Vigo. Ninguén daquí preguntaría "e logo?".
Saia do armario, home, que un non ten a culpa de onde nace.



11
De: Mínimo Fecha: 2008-05-15 21:52

Esa seguridad sobre la no viguedad o viguerío,¿Se basa en unas señas de identidad susceptibles a falsación?¿Es una intuición?¿Una revelación?¿Una consigna?



12
De: Vendell Fecha: 2008-05-15 22:13

Non, non é moito peor dicir unha cousa ou a outra. E moito distinto. Un dos nosos pode dicilo dende un ateo, un galegofalante, un mafioso, un periodista, un tipo con barba ou un de celanova, e ningunha destas condicións vai reclamar a nosa alma a cambio desa filiación voluntaria e transitoria (agás no caso da mafia).

E por certo, satisfáceme ver que reflexiona sobre a identidade local coa mesma solemne elegancia coa que reflexiona sobre a identidade nacional.



13
De: Anónima Fecha: 2008-05-15 22:45

Impresionada me he quedado por la precisión con que se puede determinar si uno es de Vigo o no.

Aunque en el fondo no debería sorprenderme. Todavía recuerdo la vergüenza que pasé en una reunión de escuelas técnicas a costa de lo predecibles que son los vigueses. Justo cuando iba a hablar el delegado de Vigo, me susurró al oído una compañera "va a decir Eu sono de Vigo y...". Lo dijo exactamente con el mismo acento y yo solté una carcajada que se oyó en todo el anfiteatro porque la muy malvada me abrió el micrófono. Todo hay que decirlo, gracias a eso acabé conociendo mejor a aquel delegado que era bien majo. Así que la vergüenza valió la pena.

PD: Vendell, no era que aguantara hasta las 4h, es que tenía un par de mellizas lloronas que me despertaban a cualquier hora. Afortunadamente ya han empezado a dormir seguido: ahora cuando trasnocho es por iniciativa propia y sin dormirme antes :-)



14
De: Vendell Fecha: 2008-05-15 23:07

Ahhh. Entonces dentro de unos años la volveremos a ver a esas horas ;-)



15
De: cossimo Fecha: 2008-05-15 23:21

Mínimo, esa seguridade provén dunha incontaminada xenética olívica. E claro que é susceptible de falsación. Por exemplo: un vigués de sangue nunca diría: "voy lleno de estudiar". E sobre todo, devecería por ter un alcalde como Paco Vázquez e un paseo marítimo a lo Santa Mónica. Adoramos a nosa aldea pero sabemos que no fondo, nunca conseguiremos ser ese pastiche a medio camiño entre Benidorm, San Sebastián, Salamanca e Manhattan en versión retroatlántica.

Vendell, síntoo. Non entendín nada do seu comentario anterior pero intúo (se mínimo mo permite) que para vostede hai identidades supostamente voluntarias e outras autoritariamente impostas.
En todo caso, satisfáceme ver que de cando en vez, aparca ese "seny" seu tan característico e elegante e se deixa levar polo cinismo retranqueiro. Eu creo que lle están a roubar a alma.



16
De: cossimo Fecha: 2008-05-16 00:02

"Todavía recuerdo la vergüenza que pasé en una reunión de escuelas técnicas a costa de lo predecibles que son los vigueses."
Non crea, eu teño un veciño que ás veces danlle unhas venadas...



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.198.142.121 (b988624a06)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?

Past
<Septiembre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
             






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia