Inicio > Historias > Galiza ceibe, xantar popular

2008-07-26

Galiza ceibe, xantar popular

A Compostela deulle o aire dun delirio escénico que a mantén afastada da realidade como di Belén Regueira, e ao mesmo tempo impide a súa conversión na metáfora do país, función simbólica que esperamos de calquera capital dun estado e/o nación. O problema non son as contradicións, como esa celebración conxunto-disxunta do Día do Santo Patrón de España e mais o Día da Patria Galega, ou o feito de festexar ambas dúas efemérides, e algunha outra coincidente, cunha monumental batucada pirotécnica, aceda hipérbole do artificio. Non, o problema é que esta Compostela ateigada de turistas e funcionarios é mais un meeting point ca un melting pot, é dicir, mais unha estación intermodal cá saliña onde se agocha o espírito dun pobo. Onte, por exemplo, a cidade chegou á hora do aperitivo tomada polos peregrinos nosos de cada día líbranos Sr. e polas forzas festivas do novo patriotismo, pero para que vexan que a socioloxía non é ciencia exacta, unha parte non desprezable desta masa rematamos nun xantar popular na carballeira de Santa Susana, onde pregarias, bandeiras e discursos axiña mudaron no de sempre: festa e bicarbonato. Se cadra, o auténtico espírito dos pobos só agroma cando os regan con viño do país.


posted by vendell 01:45

0 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/58681

Comentarios

Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.221.147.93 (0443171722)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?

Past
<Diciembre 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31            






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia