2008-09-09
Capacho
![]()
Onte atopamos os restos deste capacho cosido a man no medio do extraordinario xacemento da contemporaneidade globalizada que é unha praia de mar bravo fóra de tempada. Unha sopresa, porque aínda recoñecendo a incuestinable natureza manufacturada do capacho e do cabo verde e da costura, este obxecto pertence a outra marea semántica que o tenis Diadora, a sandalia sp, a lata de erdnüse Pittjas ou a litrona de Ochakovo que agroman na area húmida preto deles.
¶
posted by vendell 23:37
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/59371
Comentarios
