|
2008-09-19
Kiddy´s Class
Colin Davies é inglés e vive en Pontevedra, dende onde alimenta unha ollada ben interesante sobre o noso, que diría alguén non demasiado consciente da terribel carga dos posesivos hiperbólicos, proxección simbólica desas herdanzas e hipotecas ao coidado das cales un pode acabar renunciando a vivir nos paraísos cos que soña. O post de Colin sobre a pericia linguística dos responsables de marketing de Inditex non ten desperdicio, e lembroume daquela camiseta da segunda colección de Zara que baixo a silueta dunha preciosa balea conminaba aos asasinos de olas a depoñer a súa lamentabel actitude. Stop killing waves!
¶
posted by vendell 00:11
12 Comments
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/59551
Comentarios
|
1
|
| De: Cossimo |
Fecha: 2008-09-19 00:15 |
|
|
O blog do tal Colin non é en absoluto, unha ollada interesante sobre o noso. Se cadra, sobre si mesmo si. E sobre as obsesións dos upper-middle class provincianos. Nun dos posts máis divertidos que teña lido en tempos, Mr. Davis amosa o seu estupor porque os cartos dos contribuintes europeos sexan gastados na construcción dun parque infantil no barrio máis snob de Pontevedra. I mean, ín that place, kids have their own backyards, haven´t they?
Xa non nos chegaba cos jodechinchos nas praias que agora temos que aturalos tamén en interné.
And yes, I´m a fucking ignorant nationalist.
|
|
2
|
| De: Colin Davies |
Fecha: 2008-09-19 20:57 |
|
|
Cossimo,
Are you sure you have understood my comment? See my post of today.
Many thanks for the new insult. I shall use it for all those fucking foreigners who come here and disturb my peace. And who don't pay taxes like I do. Possibly to fund your fucking pension. . . . :-)
|
|
3
|
| De: mínimo |
Fecha: 2008-09-20 00:30 |
|
|
Coss, ¿Cómo se las arregla para ir sembrando amargura por todos los blogs donde defeca?
|
|
4
|
| De: cossimo |
Fecha: 2008-09-20 04:08 |
|
|
mínimo, defecar é saúdabel. Debería probalo.
|
|
5
|
| De: Xabier |
Fecha: 2008-09-22 15:53 |
|
|
Os mesmos repetitivos e aburridos argumentos sobre a persecución do castelán agóra tamén en inglés...buff.
|
|
6
|
| De: peke |
Fecha: 2008-09-22 16:44 |
|
|
Por desgraza, xa o dixen varias veces, non entendo o inglés, así que perdín o post case enteiro e non comprendo a que se refiren os comentaristas, aínda que algo sospeito. Uf!
|
|
7
|
| De: peke |
Fecha: 2008-09-22 16:44 |
|
|
Por desgraza, xa o dixen varias veces, non entendo o inglés, así que perdín o post case enteiro e non comprendo a que se refiren os comentaristas, aínda que algo sospeito. Uf!
|
|
8
|
| De: peke |
Fecha: 2008-09-22 16:44 |
|
|
Por desgraza, xa o dixen varias veces, non entendo o inglés, así que perdín o post case enteiro e non comprendo a que se refiren os comentaristas, aínda que algo sospeito. Uf!
|
|
9
|
| De: peke |
Fecha: 2008-09-22 16:45 |
|
|
Jo, que corte! Por triplicado!
|
|
10
|
| De: Vendell |
Fecha: 2008-09-23 00:52 |
|
|
Peke, o Colin Davis é un inglés que vive en Pontevedra e conta o que ve como lle parece, e a min a súa visión paréceme bastante interesante, aínda que xa ve que hai outras opinións ao respecto. Neste post en concreto laiábase con retranca de que unha multinacional coma Inditex bautice unha das súas marcas co nome de Kiddy´s Class, cando en inglés deberían ter escrito Kiddies´Class (kids son nenos).
Logo xa viu o que pasou. Chegou a crónica da guerra linguistica, que é coma a crónica de calquera outra guerra.
|
|
11
|
| De: cossimo |
Fecha: 2008-09-23 16:24 |
|
|
Colin DaviEs. Vostede non traballará para Inditex, non?
P.D. para susceptíbeis: :)
|
|
12
|
| De: cossimo |
Fecha: 2008-09-23 16:50 |
|
|
Por outra parte o blog do sr. Davies é en gran parte, unha crónica da guerra lingüística.
|
|
|