2003-12-17
Paz en palabras
O outro día falaba cun amigo sobre qué poñer nas postais de Navidad deste ano. Paz, díxo convencido. E unha boa palabra. E que a pronunciemos é hoxe máis necesario que nunca. Pero é moi curta, ¿non?, contesteille atento sempre ó espacio que ocupan as palabras no papel. Bueno, paz e amor, rematou. Sobre o amor xa temos falado aquí máis dunha vez. De feito, ó amor pásalle ó contrario do que lle ocorre á paz, xa que dela podemos decir que é patrimonio universal da humanidade. ¿Acaso hai alguén que nunca amara?
En Construír a paz, coordenado por Xesús Jares e editado por Xerais, atopamos unha breve introducción ó concepto. Máis que nada, porque ás veces tendemos a esquecer os atributos esenciais de certos conceptos. Velahí queda.
A paz, ademáis dun vello, marabilloso e aínda non acadado anceio da humanidade, é unha situación, un estado, un proceso que nos afecta a todas e todos en algo tan esencial, inmediato e tanxible como é a vida, nas súas posibilidades e calidades, no lugar e na forma de vivila, tal e como está a suceder neste mesmo momento a millóns de persoas en todos os continentes do planeta. Non é pois, nin debe ser, algo alleo para o cidadán ?de a pé?, tal como, con demasiada frecuencia, nola queren presentar revestida con escenarios de alta política e significados ocos e, mesmo ás veces, ata perversos. Nin siquera é algo imposible ou quimérico, tal como frecuentemente se argumenta apelando a rancias sentencias seudocientíficas que nos falan da nosa suposta naturaleza violenta. Moi pola contra, a paz, como calquera outro proceso social, é susceptible de ser construído, e aínda pode selo.
¶
posted by vendell 08:16
4 Comments
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/13950
Comentarios
1
|
De: Martin Pawley |
Fecha: 2003-12-17 08:29 |
|
Interesante, ese livro.
|
2
|
De: Vendell |
Fecha: 2003-12-17 09:35 |
|
E de Marilyn, pero non creo que teña problema en prescindir del durante algún tempo. ¿Pásollo por DCC?
|
3
|
De: Jaio la espía |
Fecha: 2003-12-17 09:41 |
|
Este hombre también sabe terminar bien sus frases: e aínda pode selo
|
4
|
De: Martin Pawley |
Fecha: 2003-12-17 09:50 |
|
Pois perfeito, Vendell. Aínda que tamén lho podía pedir ao Xabier, que polo que leo colabora nese volume...
|
|
|