2004-07-09
Contra o divorcio sonoro

Hai uns anos tivemos a oportunidade de ver en Coimbra unha exposición titulada Lixoluxo poético, daquela un feixe de estranos artefactos sonoros creados baixo as máis estrictas leis da creatividade e a provocación do cotidián. O autor daquelas esculturas sonoras (descripcións máis precisas resultan absolutamente imposibles) é Joao Ricardo Barros, artista residente en Berlín máis nado en Viana do Castelo, vila que tan ben coñecemos polo despendole eólico que desprega no verán. Moitas veces, facendo cousas diversas, penséi naquelas pezas construídas a partires de instrumentos musicais, lixo variado e obxetos de tudo-a- que tiñan a estraña propiedade de incitar á experimentación tecnolóxicosonora. Así que imaxinen a sorpresa cando onte leín nos periódicos, e mesmo vin na tele que o Joao Ricardo aterrara aquí ao lado coa súa frotilla de espantallos acústicos.
¿Novas perspectivas pra o Agropopart?
¶
posted by vendell 01:00
4 Comments
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/20114
Comentarios
1
|
De: Martin Pawley |
Fecha: 2004-07-10 03:20 |
|
Vouna ir ver o sábado pola manhá, é dicir, dentro dunhas horas.
|
2
|
De: Martin Pawley |
Fecha: 2004-07-10 19:02 |
|
Definitivamente, vouna ver o domingo pola manhá. E disque vén Ender, tamén.
|
3
|
De: Martin Pawley |
Fecha: 2004-07-12 02:48 |
|
A ver, a ver... ¿que fan aquí, mirando blogs, en vez de ir correndo a ver a exposición?
É que eu xa a vin.
|
4
|
De: Vendell |
Fecha: 2004-07-12 08:43 |
|
Mola, eh?
|