2004-09-21
Dr. Cajade
Galicia é o país onde o partido moderno, conservador, atlantista e popular que nos governa vive tempos duros pola rebelión dun sector autodenominado os da boina, seica coa intención de se identificar mellor có seu electorado rural. E tamén o país onde a lingua propia segue a ser vista por moitos como a voz do atraso, unha fala a extinguir, reducida ao microcosmos das aldeas, dos palangreiros e os avós.
Aquí aínda non se extinguíu o concepto das fozas vivas: alcalde, párroco e empresario local. Os mestres quedaron fóra do triunvirato no glorioso alzamento; e médicos, gardas civís e xuíces veñen agora de lonxe por mor das esixencias que regulan o aceso a función pública. Por iso, hoxe adicamos este post a todos estes inmigrantes de luxo: destinados, provisionáis, interinos e permutados que chegan aquí e flipan. Coma o Dr. Cajade, empregado público dun pequeño dispensario das rías baixas que cada mañá asiste á mesma pudorosa exhibición de respeto por parte dos maiores que acuden na percura de axuda, consello e receta.
- ¿O Doutor Cajade?... con perdón.
¶
posted by vendell 01:00
6 Comments
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/21569
Comentarios
1
|
De: eledhwen |
Fecha: 2004-09-22 12:13 |
|
X'DDDDD
|
2
|
De: webensis |
Fecha: 2004-09-22 12:42 |
|
XoDDDDD
(creo que lo he entendido)
|
3
|
De: Akin |
Fecha: 2004-09-22 14:15 |
|
XDDDDDDDD
|
4
|
De: peke |
Fecha: 2004-09-22 16:25 |
|
Tiven unha profesora no colexio que se apelidaba Cajade. Só a chamabamos así, polo apelido, cando se poñía borde (con bastante frecuencia, dito sexa de paso). Ler ese apelido e pensar nela é todo un; mentalmente sáeme "a Cajade" arrastrando ben o J, para que rañe máis a gorxa.
¡En fin! :-)
|
5
|
De: descalza |
Fecha: 2004-09-23 11:47 |
|
pobre XDD
|
6
|
De: Dr.Juan Carlos Marino-Montero |
Fecha: 2005-09-25 12:44 |
|
Muy interesado en los Cajade si son de mi familia.Espero noticias.
|