Inicio > Historias > Auto-odio

2005-09-18

Auto-odio
O Faro de Vigo, decano da prensa nacional, fíxolle unha entrevista á nova conselleira de cultura, documento que por máis que busco non son quen de atopar na rede. E igual, porque se dixo algo interesante xa o comenta Méndez Ferrín, escritor e decano do nacionalismo hardocore, nun artigo publicado días despois nese mesmo xornal. Facendo un pequeno exercicio de enxeñería inversa deduzo que a Ferrín non lle parece ben que as referencias culturais da conselleira vaian máis alén dos límites da leira patria. Por exemplo, falando de cine (a Bugallo debeu declárarse fan de Robert Redford), Ferrín apunta que ”unha concelleira nacionalista non podía deixar pasar a ocasión sen mencionar Chano Piñeiro e calquera dos nosos excelentes actores e actrices de hoxe.” E o mesmo con Víctor Jara, cando ”ela é conselleira dunha cultura na que hai, en materia musical, cousas diversas como Mercedes Peón, Amancio Prada, Macías, Pulido, Viaño, Milladoiro, Treixadura, Montes, Núñez, Abe Rábade, Del Adalid, até mesmo o mestre Grova e as bandas marcianas do señor Foxo.”.

A cousa ponse aínda máis tensa cando a conselleira, bióloga profesional, menciona o seu aprezo polo botánico Antonio Casares, ”quen, ao revés do Padre Merino, non se ocupou específicamente de flora galega”, entendendo por tal, supoño, aquelas silvas, fentos e carballos conscentes de que a súa filiación xeográfica ten máis significado que o puramente administrativo. Aínda que ten razón Ferrín cando reprocha que ”puido a conselleira fixarse en científicos que estudaron a natureza con ollos patrióticos, como López Seoane, Parga Pondal ou Luis Iglesias.”. A cuestión non é tanto ser galego, coma Antonio Casares, senón botar sobre o mundo unha mirada tinguida de galeguidade.

Deduzo, ao fin, que sendo eu tan galego coma Ferrín, os dous pertencemos a culturas distintas.
posted by vendell 22:59

5 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/33095

Comentarios

1
De: MH Fecha: 2005-09-20 00:11

¿Un silencio significativo? Y si digo que lo de Méndez Ferrín me parecen conachadas, ¿me entendería alguien?



2
De: Vendell Fecha: 2005-09-20 00:35

Yo sí.



3
De: Martin Pawley Fecha: 2005-09-20 15:19

A min tamén mo parecen, conste. O que me parecería mal é que citase a Chano Piñeiro e non a Wong Kar-wai, un supoñer.



4
De: Artedi Fecha: 2005-09-20 20:09

En el año 1983 lo llevaron a mi instituo como si fuese el Mesías. Luego supe que hay muchos redentores, trabajan en eso, creo que les llaman "liberados". Claro, siendo redentores, no van perder el tiempo currando en el sector naval, alúmina, etc... Redentor a tiempo parcial, no tendría sentido.

Me la sudan. Ahora bien, me fastidia que por su culpa hablar gallego se asocie, en determinados foros, con el nacionalismo gallego. Y me fastidia, repito, enormemente, la haber mamado el gallego de mi abuela, el todavía no contaminado por el cool acento de la TVG.

Muy orgulloso, a pesar de Ferrín y acólitos.






5
De: txari Fecha: 2005-09-21 17:25

conachadas nom sei, pero algo doído da súa propria vida sí que se lhe ve...



Past
<Abril 2025
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia