2002-12-12
Nunca máis
Hoxe tivemos movilización. Uns cantos centos de cidadans xuntos para facer pública e notoria a nosa repulsa pola actitude dos nosos governantes frente ó accidente nada sorprendente dun petroleiro. As nosas praias están cheas de chapapote. As rochas tamén, os fondos marinos, as economías de medio país, os ánimos de todos... A protesta é polo sometimento dos nosos dereitos á lei miserable e nunca votada de piratas neoliberáis, pero tamén pola desidia e falta de profesionalidade con que os políticos que un día eliximos afrontaron unha situación tan complexa. ¿Para esto serven os políticos profesionais? ¿Para esto os partidos?
A desidia e a estupidez son defectos humanos, e como tales comprensibles. O que xa resulta intolerable é a vergoñenta actitude escapista, a manipulación dos medios, a fantasía dun poder que só pensaba en sair indemne ocultando a situación e sustituíndo a acción decidida por palabras vacías de contido. Xa collimos as palas e estamos a traballar. O peor xa pasóu. Puxemos todos os medios necesarios para paliar a situación. E culpa do mal tempo. Isto non era previsible...
En certo modo o de hoxe foi unha festa. Como dicía Xurxo Souto, un dous oradores, un requiem festivo polo mar de Vigo, pola ría de Pontevedra e as praias de Arousa, polo Barbanza, por Muros e Carnota, polo oceano salvaxe da Costa da Morte, de Coruña, de Ferrol, pola sombra espesa que cubre as rochas dende Cedeira a Ribadeo, e tamén polo mar de Asturias e máis alá, e o de Portugal... por este mar que é de todos non sendo de ninguén.
Esto debe servir para que as cousas cambien, para que os governantes saiban que están onde están porque non tivemos unha opción mellor, e que os cidadáns observamos con atención e espíritu crítico o que fan cos nosos cartos e as nosas institucións. O millor, ca peste negra do fuel tamén somos capaces de limpar a merda espesa que neste momento ameaza con afogar a Aznar, a Fraga e a tantos outros que non fixeron o que tiñan que facer.
Mágoa que, coma sempre, haxa quen aproveita a situación para desempolvar as bandeiras e facer a súa pequena manipulación miudenta e cochambrosa; listos que saben ben para onde enfocan as cámaras pero que non teñen o valor de mirar quen está detrás deles.
Nunca máis.
¶
posted by vendell 02:21
5 Comments
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/4156
Comentarios
1
|
De: Akin |
Fecha: 2002-12-12 11:12 |
|
Pois Iso, Nunca Mais
|
2
|
De: Martin Pawley |
Fecha: 2002-12-12 16:13 |
|
Vivimos nun tempo difícil, no que a nosa aparente prosperidade nos fai esquecer que estamos sometidos a poderes cada vez mais lonxanos e difusos. Pero hoxe vou ser optimista. Síntome así ao ver a "decenas de miles de gallegos", cifra confusa que daban onte os telediarios oficiais, manifestándose cunha mensaxe unánime e clara, á marxe de bandeiras (por moito que algunhas ondeen, coma sempre nestes casos). Hai un feixe de anos algún iluminado falou da fin da historia. Eu estou cada vez mais seguro de que a historia, coma quen di, acaba de empezar. Pouco a pouco, a medida que nós, os cidadáns, nos vaiamos dando conta de que somos os que mandamos de verdade, e que polo tanto somos nós os que debemos decidir e escoller en que mundo queremos vivir. Á nosa obriga é írllelo facendo saber a eles, os xerarcas ausentes.
|
3
|
De: Vendell |
Fecha: 2002-12-12 19:48 |
|
Lectura obligada para políticos estas navidades: "El caballero inexistente". Hay ahí suficiente poesía para satisfacer los anhelos líricos del líder más desdibujado.
|
4
|
De: peterpen |
Fecha: 2019-07-12 07:33 |
|
This is the very informative article and thanks for this nice shear here author's website i am here needed the all very important update i am visit again here.
|
|
|