Inicio > Historias > O home antitráxico

2007-10-11

O home antitráxico

Gústame Rajoy. Enternéceme esa parla de zetabeto que decidíu abandoar a terapia para conservar a identidade. Aprezo a súa incapacidade para tomar en serio as tonterías que lle obrigan a dicir no traballo. E disfruto co empeño que pon representando un papel para o que sabe que non vale. Qué carallo, eu tamén tiven que facer de árbore nunha obra de teatro e ben que me divertía.

Para que vexan un exemplo práctico, ahí teñen o último video que fixo coa webcam do partido. A peza arranca con Rajoy todo serio afirmando que pasado mañana, doce de octubre, los españoles celebramos nuestra fiesta nacional. Mi deseo es que este año, por razones que todo el mundo conoce... e chegados ahí vese que o home xa non pode máis e solta un deses sorrisos pícaros que preceden ao chiste para enterados - que teña eu que dicir estas cousas -, demostrando que por baixo desa apariencia institucional, dos rigores da bandeira, a caoba, a foto de familia, a gravata e os libros de dereito civil, late un corazón humano. O corazón dun cachondo.





posted by vendell 22:49

7 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/52740

Comentarios

1
De: cossimo Fecha: 2007-10-12 13:01

¡Qué atávicos estos nacionalistas! ¡Qué si la bandera, que si la nación, que si España pa´quí que si España pa´llá! A ver si se enteran: los derechos, el orgullo y la identidad no pertenecen a los pueblos sino a los individuos, o sea, quiero decir, a los ciudadanos. Que no estamos en el siglo XIX, leñe. Get a life, please! Señor Vendell, a usted le podrá parecer cachondo pero detrás de todo esto se esconde un discurso sectario y profundamente excluyente. O eso dicen, es decir, decían.



2
De: Vendell Fecha: 2007-10-12 13:56

Alégrome de coincidir con vostede na percepción do sectario e excluínte dese discurso, pero non podo evitar verlle o lado humano a este home.



3
De: cossimo Fecha: 2007-10-12 14:06

E eu non podo evitar verlle o lado bear!



4
De: peke Fecha: 2007-10-12 21:09

Houbo unha época en que me caía fatal. Agora, non sei se porque son maior e vexo as cousas con máis distancia, ata hai momentos en que me fai graza.



5
De: Vendell Fecha: 2007-10-13 13:17

A min pásame o mesmo, aínda que ideolóxicamente falando paréceme que ten a mentalidade dun cativo de catro anos. Será por iso.



6
De: webensis Fecha: 2007-10-13 13:22

Homo sum nihil humanum a me alienum puto



7
De: willy Fecha: 2007-10-13 13:29

es la versión hispánica del visir iznogud, que quiere ser rey en lugar del rey

a mí me parece que ya estamos en campaña electoral: la que nos espera



Past
<Abril 2025
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia