2007-10-18
Hemopolítica
Touriño trabuca o significado do concepto aldea global e decreta que 150.000 netos de emigrantes galegos adquiran a nacionalidade española, e con ela o dereito a traballar na UE (cousa que me parece moi ben) e a votar nas eleccións municipais, autonómicas e xerais (cousa que me parece delirante). Ao mesmo tempo, aos africanos que se toman a molestia de arriscar a vida para chegar ata aquí, e logo pasan anos partindo o lombo mentres simulan non existir, sométenos a un vía crucis administrativo non xa para acadar a nacionalidade (cousa que ao mellor nin siquera desexan), senón para residir legalmente no país e participar na vida política.
Vaia por diante que xa sei que os problemas non se apañan en catro anos, pero, ¿e dentro de 20 anos? ¿Outorgaranlle tamén a nacionalidade aos fillos dos netos? E despois, ¿aos netos dos netos? ¿E canto tardarán éstes en argallar un Partido Emigrante e elixir un presidente da Xunta residente en Montevideo? Fagan o que queran, pero pensen que a este paso o que agora semella un caso práctico de dereito romano vaise convertir nun apaixoante dilema bioético. Por unha banda porque a medida que se vaia diluíndo o patrimonio xenético daqueles emigrantes primixenios que portaron nas arterias a fonte deste inesgotable Ius sanguinis aumentará a probabilidade de que os tataranetos pata negra de Touriño compartan máis xenes cun africano calquera que cun galego da diáspora. E por outra, porque antes o despois a deriva continental deixaranos a todos compartindo parcela no polígono industrial de Panxea 3, e a ver entón con qué criterio aplicamos o Ius solis.
¶
posted by vendell 00:16
9 Comments
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/52871
Comentarios
1
|
De: Lynx |
Fecha: 2007-10-18 06:01 |
|
"Ius sanguinis vs Ius solis en El PaÃs de Breogán"
Apasionante, Vendell.
Y muy divertido!
|
2
|
De: Martin Pawley |
Fecha: 2007-10-18 11:03 |
|
Magnífico!
|
3
|
De: peke |
Fecha: 2007-10-18 12:12 |
|
Moi bo!
|
4
|
De: cossimo |
Fecha: 2007-10-18 17:52 |
|
Nunca estamos contentos. Si se lle outorga a nacionalidade aos inmigrantes, espéranos un futuro negro. Se lla outorgamos aos emigrantes, idem. Se cadra, a solución pasa por revisar ese artigo da Constitución que establece que ningún español de orixe poderá ser privado da súa nacionalidade. Para aclarar un chisco o futuro, digo.
Porque a nacionalidade non é por definición, sempre unha cuestión de ius sanguinis?. É lóxico que no caso de transfusión, o proceso sexa máis lento, non?
Por outra banda, o ius soli tampouco parece resolver nada. Un galego de 50 anos recén emigrado a Lanzarote non vai poder votar nas eleccións autonómicas mentres que un catalán que leve aquí tres meses si. E que me din da posibilidade non moi lonxana de que o lobby teutón coloque como alcalde de Andratx a un dos seus. Eses que nin siquera se molestan en aprender castelán!.
En fin, a ver se por unha vez somos quen de aprender algo dos veciños do norte e crear un Ministerio de Inmigración e Identidade Nacional a la Sarkozy con ADN e todo iso. Ou un exame de língua(s) e de "tolerancia(s)" tipo Netherlands. A saúde da nación agradeceriao.
Polo demais, estou basicamente de acordo con vostede.
|
5
|
De: Ano Nimo |
Fecha: 2007-10-18 18:35 |
|
Panxea 4, pero non estou moy seguro
|
6
|
De: Vendell |
Fecha: 2007-10-19 01:06 |
|
¡Transfusións e trasplantes! Non saben onde se meten
|
7
|
De: Cesare |
Fecha: 2007-10-21 15:01 |
|
polígono industrial Panxea 3, ;) moi bo.
|
8
|
De: Thanos |
Fecha: 2019-06-04 13:26 |
|
Getting the nice post here it is the amazing way to free robux many players exited to join it fun.
|
|
|