2007-12-10
Recusación
Levo días dándolle voltas á historia da fallida recusación da ministra Magdalena Alvarez no Congreso dos Deputados, salvada pola campana do apoio do BNG e outras forzas minoritarias. O tema, xa saben, dá para unha traxedia clásica. Por unha banda, non parece moralmente aceptable manter a unha ministra declaradamente incapaz para o cargo a cambio dalgúns beneficios políticos. Poucos días despois soubemos que este ano o ministerio de Fomento deixou sin executar unha morea de millóns en obras no país, moito máis do que lle ofreceron ao Bloque polo seu apoio. Pero ao mesmo tempo, ¿cómo criticar precisamente que os políticos fagan política?
Se cadra, o BNG ven de facer no Parlamento de Madrid o mesmo que Paco Vázquez fixera coa reunión do Consello de Ministros de Aznar celebrada no concello coruñés. Daquela a peaxe foi o Porto Exterior para a cidade, mentres que desta volta os beneficios inclúen cartos, transferencias de competencias e unha entrevista exclusiva có presidente Zapatero. Por seguir coas semellanzas, non lles podo ocultar que este vir de Madrid co peto cheo de cartos remítenos tamén aos escuros tempos do Prestige, cando Fraga alardeaba do mesmo polas vilas petroleadas coa confesa intención de rebrandecer as conciencias.
En calquera caso, as negociacións no fío da navalla forman parte da lexítima práctica política. Que negocien, porque recusar, o que se di recusar e con carácter efectivo, xa o faremos os do coro cando toquen eleccións.
¶
posted by vendell 22:46
18 Comments
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/53988
Comentarios
1
|
De: Martin Pawley |
Fecha: 2007-12-10 23:11 |
|
O de que non parece moralmente aceptábel, vai só polos deputados do BNG, ou afecta tamén aos compañeiros socialistas da ministra Magdalena Alvárez?
|
2
|
De: cossimo |
Fecha: 2007-12-11 00:18 |
|
A ministra será declaradamente incapaz pero a súa análise é un chisquiño banal, non lle parece?. Ese último párrafo, por amor de Deus!, que non estamos en las mañanas de Ana Rosa.
Definitivamente, mellor críptico ca crítico.
|
3
|
De: Vendell |
Fecha: 2007-12-11 07:46 |
|
Pawley, referíame a que aínda que políticamente a medida sexa defendible (de ahí que os socialistas apoien á ministra), moralmente (en termos de busca do ben) non é bo negocio cambiar máis por menos.
|
4
|
De: Martin Pawley |
Fecha: 2007-12-11 10:18 |
|
O de máis por menos non acabo de entendelo, a non ser que os investimentos non executados conten no cómputo do "máis", claro. Se é así, xa comprendo a lóxica do seu post, que inclúe como resultados a favor os orzamentos teóricos e as obras aínda non rematadas obtidas polo felizmente emigrado Paco Vázquez.
|
5
|
De: Vendell |
Fecha: 2007-12-11 10:59 |
|
E moito máis banal, Pawley.
|
6
|
De: Martin Pawley |
Fecha: 2007-12-11 14:45 |
|
Mentres non sexa máis venal... ;-)
|
7
|
De: Vendell |
Fecha: 2007-12-11 14:52 |
|
¿Polo sangrante que resulta o tema? En todo caso, é unha análise venial.
|
8
|
De: cossimo |
Fecha: 2007-12-11 17:44 |
|
1. banal: trivial, común, insustancial.
2. Argumentos como "a Historia pon a cada un no seu sitio" ou "o pobo é sabio" son banais. Se verdadeiramente os do coro recusasen con carácter efectivo cando tocan eleccións, o noso actual embaixador na Santa Sé non se tería perpetuado no poder durante 20 anos (ou os que foran). Así que eu non desbotaría a posibilidade de que algún deputado do Bloque acabe nunha legación diplomática da Xunta alén mar despois de ter desfrutado dos beneficios do hemiciclo durante unha longa tempada.
3. Admiro esa elegancia súa de picarse a través de persoa interposta.
|
9
|
De: Vendell |
Fecha: 2007-12-11 21:46 |
|
cossimo, os que formamos parte do pobo somos sensibles a certas provocacións, estímulos e percepcións que os intelectuais (tamén os políticos) consideran bananais. Cada un ás súas, pero as veces hai provocacións, estímulos e percepcións que dan lugar a reaccións colectivas. Pregúntelle a Gzlez, a Vázquez, a Aznar ou mesmo a Frga. A ministra en cuestión xa se converteu nun (merecido) fenómeno mediático. Se PSOE e BNG queren explorar o seu potencial de demolición política non é problema meu, pero paréceme que o caso resulta fascinante, e digno de análise.
Respecto aos picores, só podo dicirlle que hai tempo que me interesan moito as súas opinións, e tamén ás de Pawley, a quen chamei esta mañá para tratar de entender algúns puntos do seu comentario.
Saúdos cordiais.
|
10
|
De: cossimo |
Fecha: 2007-12-11 22:10 |
|
Eu dixen que a súa análise me parecera banal; bananal paréceme demasiado forte.
Se cadra, tamaño adxectivo debería reservalo para as actuacións da ministra.
E, por favor, non insista nos halagos; non lle vou dar o meu número de teléfono baixa ningunha circunstancia. Aos tocapelotas gústanos permanecer no anonimato.
Un saúdo tamén para vostede e aplíquese un pouco, faga o favor.
|
11
|
De: Vendell |
Fecha: 2007-12-11 22:38 |
|
Agradézolle o reforzo positivo, pero prégolle que comparta, xa que logo, a súa análise dos feitos.
|
12
|
De: cossimo |
Fecha: 2007-12-11 23:09 |
|
Ehhh...Agora que o penso mellor teño que pedirlle desculpas. A análise de feitos deste tipo ten que ser necesariamente banal. Ou iso ou cuestionarnos os "fundamentos do sistema" (vade retro!). Así que vou opinar porque neste caso, non ha lugar para os razoamentos; a conclusión principal do affaire é a seguinte: por moito que digan da UPG e todo iso, o Bloque é moi de dereitas: acredita no típico modelo (neo)liberal de desenvolvemento predatorio. En galego, iso si.
E supoño que a ministra é unha incompetente pero qué país podería soportar a recusación de todos os seus políticos manifestamente incapaces? Menuda preguiza!
|
13
|
De: Vendell |
Fecha: 2007-12-11 23:24 |
|
!
|
14
|
De: cossimo |
Fecha: 2007-12-11 23:32 |
|
De todos os xeitos, non entendo tanto escrúpulo moral. Ao lado dos conchabeos profundamente antidemocráticos entre o poder e as grandes corporacións, isto paréceme un apaño un tanto inofensivo. Agora só me falta escoitar que El País o considerou eticamente reprobable.
|
15
|
De: cossimo |
Fecha: 2007-12-11 23:33 |
|
E se fai o favor explique !
|
16
|
De: cossimo |
Fecha: 2007-12-11 23:34 |
|
Se cadra quería dicir ?
|
17
|
De: Vendell |
Fecha: 2007-12-12 07:38 |
|
E un símbolo de exclamación muda, nada máis.
|
|
|