O disco de Adriana Partimpim é unha verdadeira marabilla, e esa é unha das miñas cancións favoritas (no primeiro posto está Ser de Sagitário).
Do Extrarradio só podo falar cousas boas, mais na liña do que vostede apunta quixera salientar dous aspectos puntuais: o bonito que é o "rachí" infantil, con eses cativos que dá gloria escoitalos; e o "ben que soa" o programa, mérito ese que lle corresponde ao técnico, Xavier Facal, que é un fenómeno.
Tendes oído falar da falta de memoria das melodías?
Sempre pensara que cantaba mal, aínda que non teño mala voz, porque non sabía afinar, agora estou a pensar que é certo eso da falta de memoria melódica. Por que? pois está claro,venme ben.