2008-04-20
Comerse o outono
Os domingos o parte é de los friquis. Hoxe, por exemplo, saíu a Esperanza facendo de Casio Mutante diante dun César Mariano que non lle teme a marzo, pero si a xuño. Despois, no espazo adicado as cousas de interese humano (o resto do parte vai para os alieníxenas entre nós) aparecen uns científicos que estudan as arceas, uns paxaros marabillosos capaces de percorrer 7000 km dunha migración e voltar exactamente ao mesmo sitio, se é que logran sortear ao millón e medio de cazadores que as axexan ao seu paso sobre Francia. As arceas, ou becadas, agóchanse ao solpor e resulta moi difícil velas, por iso as chaman as damas da noite. Así, a escuras, os científicos logran capturar un exemplar, colócanlle un pequeno transistor e o liberan nun instante de enorme emoción televisiva que o redactor non é quen de nos transmitir.
Acto seguido cambia o escenario, interior día, e sae un tipo falando das fabulosas propiedades deste paxaro, que primeiro cociña con manteiga e logo flambea con coñac (a gastronomía é unha forma de tortura), nunha laboriosa receita que lle vai levar non menos de catro horas! Nese tempo unha arcea pode ver 200 quilómetros lineais de mundo, pero xa sabemos que o xantar non ten cancelas. Que llelo digan aos chineses. Porén, os cociñeiros non son moi bos falando do rica que está a comida. Para iso sacan a outro experto, un fulaniño con maneiras de bon vivant que sae a contraluz, coma se viñera de violar unhas rapazas, e co mesmo sotaque co que un deses depravados describiría ese acto infame, describe as excelencias da carne da dama da noite.
¡E coma comerse o outono!, afirma nun arrouto de sinceridade.
¶
posted by vendell 23:05
5 Comments
Referencias (TrackBacks)
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/56934
Comentarios
1
|
De: Blanca |
Fecha: 2008-04-21 11:17 |
|
Hoy en día ser canívoro aun se tolera, pero ser cazador está muy mal visto. En Bambi los cazadores son los malos malísimos de la peli: dejan huérfano al prota, matan indiscriminadamente, siembran el terror, queman el bosque y se hacen preceder por una jauría de perros asesinos.
|
2
|
De: El rábano por las hojas |
Fecha: 2008-04-21 21:48 |
|
canívoro? Los surcoreanos opinan que es cuestión de culturas...
http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/specials/mundial_2002/newsid_1989000/1989272.stm
|
3
|
De: Blanca |
Fecha: 2008-04-22 10:46 |
|
XXD, chapó!
|
4
|
|
This blog is very nice.I really like such a fantastic written blog.I will keep coming here again and again.Visit my link as well.
|
|
|