2008-05-05
Voltar á palloza
![]()
O pouco tempo que pasamos nos Ancares compartimos palloza cos amigos que mais mundo levan visto. Baixo o teito de palla desta construción tradicional, que en tempos podía acubillar unha familia enteira, gando incluído, pasamos a metade da noite falando do futuro da humanidade, xa que o noso resulta predicible abondo. Acordamos que para a maioría dos nosos conxéneres o futuro non vai ser mellor que o presente, e mais ou menos, que si hai apaño será gracias a unha combinación de cambio social e tecnoloxía.
Como neste tipo de conversas cómpre relaxar o xugo dos propios prexuízos, véxome por unha vez convertido nun pasivo cenizo. Se cadra, a miña actitude ven da lectura recente dun especial sobre o colapso da civilización na revista New Scientist. Segundo os autores, a medida que a sociedade se volta mais complexa e economicamente eficiente, tamén aumenta a súa fraxilidade, e si non que lle pregunten aos romanos. Deste xeito, os efectos dunha pandemia, por exemplo, ou dunha crise enerxética severa serían moitísimo mais graves hoxe que na Idade Media. Daquela a sociedade era tan sinxela que a práctica totalidade da xente ficaba a un paso do auto abastecemento. Pero hoxe, con miles de millóns de persoas vivindo en cidades e dependendo do subministro externo de alimentos e enerxía, os efectos dunha catástrofe pódense amplificar ata o impensable.
Ao final, déitome de madrugada pensando si algún día terei eu tamén que convivir coa cucha e as galiñas nun destes escuros lofts rurais con olor a centeo.
¶
posted by vendell 23:38
URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/57196
Comentarios
1 |
|
||
No sólo el ánimo; los lofts rurales le oscurecen a usted hasta las fotos, excelentes. |
2 |
|
||
Hay días en que las prisas, los ruídos, las obligaciones... aprietan, convirtiendo entonces la imagen de la vida sencilla en una palloza -en armonía con la naturaleza y tal- en apetecible.
|