Inicio > Historias > Lingua - Relixión

2008-05-27

Lingua - Relixión

Remato a lectura de A impostura e a desorientación na normalización lingüística, de Xosé Manuel Sarille, ex-presidente da Mesa. O ensaio está fabulosamente escrito, con argumentos ben documentados e un feixe de conclusións que describen á perfección as evidencias que un cidadán que está a outra cousa pode ter da normalización lingüística. Porén, non son quen de sentir absoluta complicidade co autor porque non concordo cunha parte esencial do punto de partida. Velaí a riqueza.

Polo que vexo ao meu redor, Galicia e o galego (ou castelán) teñen unha relación similar á que hai entre España e o catolicismo. Lingua e relixión son froito da experiencia social e gozan dunha ampla xustificación histórica, pero ao final escollelas ou non é froito dunha elección persoal. Ademais, nos dous casos existen forzas institucionais que loitan arreo para consolidar unha relación biunívoca entre territorio e aceno cultural: no ensino, na relación coa administración, nos tópicos que definen a identidade cultural, etc. Lingua e relixión fan que a xente reclame o seu dereito a vivir nelas, e moitas veces tentando que os demais tamén o fagan. E por suposto, lingua e relixión son utilizados como desculpa habitual para perder o humor e xogar aos ofendidos.

Velaquí un cachiño escollido ao chou:

A nosa clase política, e os parlamentarios de xeito especial, son coñecidos entre os lexisladores doutras comunidades e entre os xuristas, convén sabelo, pola súa baixa capacidade para elaborar documentos legais de calidade, polo seu escaso rendemento e pola nula innovación en ideas e proxectos.

A deficiencia na xestión, a escasa formación, o vago coñecemento doutros países e das súas sociedades, a inxustificada autosuficiencia e prepotencia, a escasa noción do básico, a falta de conciencia no atraso fan imposible a xestión dunha política lingüística que resulte ser tal, porque é difícil, abrangue moitos campos e porque o político galego ten por norma resolver somentes a súa axenda día a día, e non sempre o consegue.


Mais se teño que ficar cunha soa liña, escollería esa na que Sarille adica o libro ao que parecen uns amigos: polo que nos levamos rido.


posted by vendell 00:09

13 Comments


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://verbascum.blogalia.com//trackbacks/57632

Comentarios

1
De: cossimo Fecha: 2008-05-27 00:25

"ao final escollelas ou non é froito dunha elección persoal."
Of course, not!

Qué bos son os cidadáns e qué malos os políticos!
Boh!

Vale, vale, xa me calo.



2
De: Vendell Fecha: 2008-05-27 00:44

Cando fala de cidadáns, ¿refírese a esas maquiniñas biolóxicas tan simpáticas que se deixan enganar pola ilusión do libre albedrío?




3
De: cossimo Fecha: 2008-05-27 01:01

Non, refírome a eses homos erectus que aínda que autoproclamados laicos, elixen guiados polo libre albedrío, levar os seus fillos á Compañía de María porque na pública só hai inmigrantes e nenos de familias desestructuradas; elixen non querer aos xitanos como veciños, non por racismo senón por hixiene; elixen Adeslas para non ter que aturar as listas de espera; e elixen, motu propio, restaurar a casa da aldea a lo Habitania.

Que se jodan los ciudadanos!



4
De: Vendell Fecha: 2008-05-27 01:24

Ah, entón refírese a esas maquiniñas biolóxicas tan bobas atrapadas nunha estrutura socioeconómica que se deixan enganar pola ilusión do libre albedrío.

Qué gusto da dicilo. Queda un pa ir pa o palleiro!



5
De: Anónima Fecha: 2008-05-27 01:31

¿y las ciudadanas no? ¿o los unos con las otras?

Pero es cierto que las declaraciones que empiezan con "Nuestra clase política..." chirrían un poco mucho. Los políticos son ciudadnos y los ciudadnos son responsables de quienes son sus representantes políticos.



6
De: cossimo Fecha: 2008-05-27 01:33

Si, todos, eu incluido. Esa enfermiza obsesión da post-post modernidade co cidadanismo non é máis ca forma máis acabada de "identitarismo", ou sexa, un novo anti-humanismo.
O que queda ao final, é moita diversidade, si pero sen ningunha diferencia.



7
De: cossimo Fecha: 2008-05-27 01:39

Oh claro, non podía faltar! A consabida acusación de lacazanería intelectual!. Cómo se pica a clase media cando alguén lle recorda que a súa liberdade é unha mera ficción!



8
De: cossimo Fecha: 2008-05-27 01:40

Por certo, modificar os comentarios é trampa!



9
De: webensis Fecha: 2008-05-27 01:43

Cossimo, yo no creo que sea usted antihumanista por estar obsesionado con el ciudadanismo.



10
De: ElPez Fecha: 2008-05-27 21:40

Quizá la diferencia entre lengua y religión en esa comparación que hace, Vendell, es que es perfectamente factible una sociedad civil y libre sin religiones (posiblemente es la única manera en que puedan ser realmente civiles y libres). Pero es casi imposible (yo no lo logro) imaginar una sociedad sin lengua.



11
De: Jeremy Vedder Fecha: 2019-02-15 02:39

What is there to be shocked about? game face shark tank



12
De: Codycross Fecha: 2019-03-03 16:12

Por certo, modificar os comentarios é trampa! Wort Schau



13
De: mumbai escorts Fecha: 2019-11-13 08:44

activate nbc
espn activate
quickbooks support
Mumbai escorts
canon ij setup
mcafee.com/activate
office.com/setup
roku.com/link
activate espn
espn.com/activate
espn.com/activate
youtube.com/activate
Mumbai escorts
Mumbai Escorts
espn.com/activate
garmin updates
pbs.org/activate
nbcsports com activate
mumbai escorts
hulu.com/activate
espn.com/activate



Past
<Abril 2025
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30        






The verbascum files


Daurmith en Babel
Jaio, espiando
El Pez
El Paleofrik
Willy Sifones
Amelia Mateo
Pawley
Peke
MH
Césare
microsiervos
Lynx
Pereiro
León
Cristobo

Blogalegos ilustres



Blogalia